Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de abril de 2020

Benestar Social desprégase nos asentamentos precarios da cidade para proporcionar material didáctico e concienciar sobre o Covid-19

O persoal técnico da concellería visitou os poboados chabolistas do Portiño, As Rañas e A Pasaxe para repartir material educativo entre as crianzas e impartir charlas sobre as medidas hixiénicas e o distanciamento social que cómpre ter moi en conta durante o confinamento

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación estase a despregar desde hai días nos asentamentos precarios do Portiño, As Rañas e A Pasaxe, co fin de concienciar as persoas que residen alí sobre a importancia do confinamento e as medidas de hixiene e de distanciamento social que deben adoptar para protexérense fronte ao contaxio do coronavirus. Estas visitas tamén teñen como obxectivo achegarlles material didáctico ás nenas e nenos destes poboados con escasos recursos para realizaren unha formación educativa telemática.

Estas accións son realizadas polo persoal técnico municipal da Concellería de Benestar Social, acompañado de membros de Protección Civil e da Policía Local. Nestes achegamentos aos ditos asentamentos precarios aínda existentes na nosa cidade, tamén se lles proporcionan alimentos ás persoas que residen neles.

O pasado día 25 de marzo, o persoal dedicado a estas tarefas visitou o poboado da Pasaxe. A visita ao Portiño realizouse o pasado luns e antonte volveuse visitar en compañía do Secretariado Xitano, entidade que se ofreceu desinteresadamente a acudir a este labor para dar apoio. Onte visitouse o asentamento das Rañas, onde se repartiron alimentos e fomentáronse as medidas de hixiene que se deben manter para que este sector da poboación estea protexido do Covid-19.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión