Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

Exercicio 2021

Bono-taxi

O prazo de solicitude será desde o día 27 de novembro ao 28 de decembro

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de axudas económicas de carácter individual para o uso do taxi a aquelas persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para usar o transporte público colectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será do día 27 de novembro ao 28 de decembro e pódese facer de varias maneiras:

  • Presencialmente nos rexistros xerais do Concello da Coruña. Poderase utilizar o modelo xeral de solicitude que se atopa nos rexistros xerais.
  • Telematicamente, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital aquí
  • Por correo certificado, dirixido ao Rexistro Xeral do Concello
  • Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Toda a información está no Taboleiro de Edictos da sede electrónica do Concello da Coruña.

Documentos:

Modelo de solicitude xeral (121 KB)

Prestacións relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión