Concello da Coruña

Concello da Coruña

Brancaneves e os 7 de Larei Lará

Unha obra de monicreques de madeira con música en directo, para público familiar a partir dos 4 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

26/12/2021

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala. 

Duración:

55 min

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros 

Abono 3 Familiar: (3 entradas para a mesma función): 15.00 euros

Menores de 3 años: 2.00 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

Version moderna da popular ficción, onde se mestura teatro e monicreques de madeira de gran tamaño, con música en directo e rítmicas cancións. Extraordinarias aventuras vistas dende outro lado do bosque, onde o anciano rei, que todo o perdera quere recuperar a ilusión da súa vida, Brancaneves.

Espectáculo recomendado para nenas e nenos a partir de 4 anos

**Aforo: 180 localidades

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión