Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2021

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo Municipal de Acción Social, organiza un ano máis os Campamentos de día.

Campamentos de día

Pasaredes o día fora da casa mentres realizades actividades deportivas e culturais que fomenten o coidado e respecto ao medio ambiente así como o bo uso dos espazos urbanos. E en todas as xornadas dedicaredes una sesión a practicar o voso inglés…esperámosvos un ano máis!

CALENDARIO

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio

*Un mesmo menor pode solicitar ata tres quendas de campamento de día por orde de preferencia

**No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo da mesma..

***A preinscrición dos/das menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal. Esta ficha permitirá ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

****Os nenos e nenas que soliciten para  za no campamento de diversidade funcional, terán unha numeración e un sorteo propio.

Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio

*As listaxes poderán consultarse nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos municipais

Reclamacións: 01, 02 e 03 de xuño

Sorteo das prazas: 04 de xuño

Publicación de listaxes de admitidas/os: 10 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos

*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

**A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.

PERSOAS DESTINATARIAS

Menores nados/as entre o 01/01/2009 ao  31/12/2017

*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

**Existe reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais

QUENDAS

1ª Quenda: do 1 ao 15 de xullo 2021

2ª Quenda: do 16 ao 31 de xullo de 2021

3ª Quenda: do 1 ao 15 de agosto de 2021

4ª Quenda: do 16 ao 31 de agosto de 2021

HORARIO

Xeral: de luns a venres de 10:00 a 18:00 h

*Os días festivos non haberá campamento.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Instalacións do Colexio Calasanz PP Escolapios

*O espazo de realización poderá variar por motivos de dispoñibilidade. Sempre será unha instalación dentro do termo municipal da Coruña.

Nº PRAZAS

416

COTA DE INSCRICIÓN

85,00 €

*A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.

**No momento de formalizar a inscrición facilitarase o número de conta no que realizar o pagamento así como un enderezo electrónico ao que enviar o comprobante de telo feito e outra documentación que poida ser requirida.

+ información e inscripción en coruna.gal/campamentos2021

Documentos:

Díptico informativo campamentos de día (415 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión