Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2021

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo Municipal de Acción Social, organiza un ano máis os Campamentos de pernoctación.

Campamentos tradicionais de pernoctación

Pasaredes unha semana fóra da casa mentres realizades actividades de multiaventura aprendendo valores relacionados coa cultura do deporte e o respecto á natureza. Agardámosvos un ano máis!

CALENDARIO

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio

*Un/unha mesmo/a menor pode solicitar ata dúas quendas de campamento tradicional de pernoctación indicando a orde de preferencia.

**No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo dela. Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.

***A preinscrición dos/das menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio

*As listaxes poderán consultarse nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Reclamacións: 1, 2 e 3 de xuño

Sorteo das prazas: 4 de xuño

Publicación de listaxes de admitidas/os: 10 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos municipais.

*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

PERSOAS DESTINATARIAS

Menores nadas/os entre o 01/01/2005 ao 31/12/2013

*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

**Existe reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

QUENDAS

1.ª quenda: do 11 ao 17 de xullo 2021

2.ª quenda: do 18 ao 24 de xullo de 2021

3.ª quenda: do 1 ao 7 de agosto de 2021

4.ª quenda: do 8 ao 14 de agosto de 2021

*A primeira e tercera quenda serán para grupos de menores de 8 a 11 anos.

**A segunda e cuarta quenda serán para grupos de menores de 12 a 16 anos.

HORARIO

Son campamentos con pernoctación de xeito que durarán as 24 horas do día de cada quenda.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Centro Os Peares, Poboado de Fenosa, s/n, 27528, Carballedo, Lugo

*O espazo de realización poderá variar por motivos de dispoñibilidade. Sempre será unha instalación fóra do termo municipal da Coruña pero dentro de Galicia.

NÚM. DE PRAZAS

180

COTA DE INSCRICIÓN

85,00 €

*A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.

**No momento de formalizar a inscrición facilitarase o número de conta no que realizar o pagamento así como un enderezo electrónico ao que enviar o comprobante de telo feito e outra documentación que poida ser requirida.

+ información e inscrición en coruna.gal/campamentos2021

Documentos:

Díptico informativo campamentos de pernoita (420 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión