Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2022

Campamentos urbanos de Nadal 2022 nos centros cívicos municipais

Para menores nados entre o 01/01/2010 e o 31/12/2018

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña organiza os campamentos urbanos de Nadal 2022 para nenas e nenos nados entre o 01/01/2010 e o 31/12/2018.

CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:

  • DÍAS DE REALIZACIÓN: 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3, 4, 5 de xaneiro
  • HORARIO E CUSTO POR PARTICIPANTE:
    • Xeral: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, 26 €
    • Ampliado: de luns a venres de 09.00 a 14.30 h, 32 €
  • CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO OU XERAL: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Novoboandanza.
  • CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: A Silva, Santa Margarida, Feáns, Sagrada Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns.

PREINSCRICIÓN

1, 2 e 3 de decembro nesta web (o formulario atópase ao final desta noticia no espazo correspondente a TAMÉN CHE PODE INTERESAR) ou no teléfono 613 37 19 73 (horario de atención telefónica de 09.00 a 20.00 h).

LISTAXES DE PREINSCRICIÓN

Poderanse consultar o 5 de decembro nesta web ou en Teléfono 010 de información cidadá

RECLAMACIÓNS Á LISTAXE DE PREINSCRICIÓN:

6 e 7 de decembro, enviando un e-mail co motivo da reclamación a campamentos@serviplus.org.

SORTEO:

9 de decembro ás 10.00 h no centro cívico Monelos

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMISIÓNS E AGARDA:

12 decembro nesta páxina web, nos centros cívicos e no Teléfono 010.

INSCRICIÓN E PAGAMENTO:

14, 15 e 16 de decembro. Para realizar o pagamento e formalizar a inscrición hai varias opcións:

  1. Transferencia bancaria á conta ES25 0049 6648 9627 1000 3456 e enviando o xustificante de pagamento a campamentos@serviplus.org co nome da persoa admitida no campamento, centro cívico e modalidade horaria.
  2. Nesta mesma web, achegando no formulario o xustificante de pagamento conforme se realizou a transferencia bancaria (está a ligazón abaixo, en TAMÉN CHE PODE INTERESAR).
  3. Presencial: No Centro cívico de Monelos en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.

XESTIÓN DA LISTAXE DE AGARDA: A partir do 19 de decembro.

Información Xeral e recomendacións

  • Terán preferencia as e os menores empadroados no concello da Coruña
  • Reservarase un 20 % de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais
  • Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá haber un mínimo de 9 para formar grupo.
  • Soamente poderase presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas
  • Ofertaranse 15 prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio, diferenciado do sorteo da cota xeral.
  • Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.
  • Os monitores e monitoras de apoio para menores con diversidade funcional estarán capacitadas para acometer tarefas hixiénico-sanitarias básicas.
  • Non formalizar a inscrición no prazo e horario establecido suporá a perda de dereito á praza
  • Unha vez realizado o pagamento do campamento non se terá dereito á devolución excepto por causas imputables a quen preste o servizo
  • Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento, tanto á entrada como á saída
  • Na modalidade de horario ampliado, requiriranse como mínimo 6 participantes para realizar grupo.
  • Se unha/un menor resulta admitida/o e ten irmás ou irmáns co número correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/os obterán praza, a condición de que pertenzan á mesma cota.
  • Levar roupa e calzado cómodo
  • Non levar aparellos electrónicos, videoconsolas, móbiles, diñeiro ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable das perdas que poidan producirse durante o campamento
  • É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, erupcións, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias, ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión