Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2018

“Coida de ti, coida do teu"

Esta é unha intervención preventiva e ambiental coa mocidade nos Xardíns de Méndez Núñez, cuxo obxectivo é incrementar a percepción de risco en relación co consumo abusivo de alcol, así como a sensibilización da mocidade na promoción de actitudes e habilidades de coidado da contorna, concienciando sobre o seu coidado.

Desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados dentro do Programa municipal de prevención de adiccións, levado a cabo desde esta concellería, realízanse distintas accións relacionadas coa prevención do consumo abusivo de alcol dirixidas á mocidade, tanto no ámbito educativo como no comunitario.

No ámbito comunitario iníciase no mes de novembro unha experiencia piloto denominada "Coida de ti, coida do teu" (intervención preventiva e ambiental coa mocidade no medio aberto) que se desenvolverá nos Xardíns de Méndez Núñez os xoves e sábados dos meses de novembro e decembro de 2018. Iniciarase o día 22 de novembro, xoves, en horario de 23:00 h a 3:00 h.

Ten como obxectivos incrementar a percepción de risco en relación co consumo abusivo de alcol e a prevención das súas consecuencias, así como sensibilizar a mocidade na promoción de actitudes e habilidades de coidado da contorna, concienciando sobre o seu coidado.

Para o desenvolvemento desta acción establecerase un punto de referencia na zona dos xardíns, con persoal de atención que será referente nas actuacións que se van levar a cabo: proporcionar información preventiva sobre os riscos do consumo abusivo de alcol, información de actividades alternativas na cidade relacionadas co lecer saudable, información sobre condutas ambientais e promoción de actitudes de respecto ao medio, utilizando o punto de referencia como base da repartición de bolsas para a recollida do lixo xerado (cristal ou plástico) pola actividade desenvolvida no lugar e posterior recollida das bolsas ata as 3:00 h.

As persoas novas que se acheguen ao momento de referencia a entregar as bolsas co lixo xerado, diferenciando plástico e cristal, evitando a súa dispersión polo resto do espazo público, recibirán -a cambio da súa actitude de respecto coa contorna- un boleto numerado que dará a opción de participar nun sorteo semanal para unha experiencia de lecer saudable a elixir entre tres opcións (sesión de room-escape, sesión de paintball, sesión de karting) para a persoa premiada e tres acompañantes que elixa.

O sorteo será de carácter público os luns no Centro Cívico dos Rosales ás 16:15 h. No caso de ter que modificar a data ou hora do sorteo, será comunicado ás persoas interesadas. Esta comunicación darase no punto de referencia en días anteriores á súa realización.

O resultado do sorteo, así como as bases, poden consultarse nesta páxina web.

Enderezo:

Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Documentos:

Basees do concurso "Coida de ti, coida do teu" (111 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión