Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2022

Convocatoria de actividades xaneiro 2023

Preinscrición os días 13, 14 e 15 de decembro

Datas de preinscrición: 13, 14 e 15 de decembro. Realizarase preferentemente mediante deste Formulario de preinscrición en actividades e en caso de non ter acceso a Internet ou non o saber manexar, chamando ao seguinte número de teléfono: 881 150 637. Este non é un teléfono de atención. Soamente serve para anotarse en actividades.

Cada persoa poderá solicitar como máximo tres actividades e tres clubs por orde de preferencia. Non se poderán solicitar clubs e actividades no mesmo formulario, haberá que abrir outro diferente.

As actividades de cada centro cívico atópanse en ACTIVIDADES no menú da zona superior desta mesma páxina. Unha vez aí, tense que abrir a páxina ACTIVIDADES CONVOCATORIA XANEIRO 2023.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

Publicación de listaxes de persoas preinscritas en actividades e clubs: 20 de decembro.

Reclamacións: 21 de decembro a través do teléfono gratuíto 010.

Sorteo: 22 de decembro.

Publicación das listaxes provisionais de admisión e espera: 5 de xaneiro.

As persoas que á hora de preinscribirse non autorizasen que os seus datos persoais figuren en calquera das listaxes, aparecerán co seu DNI. En caso de facer algunha reclamación , sempre terán que realizala indicando o seu documento nacional de identidade, non o seu nome.

Inscrición e pagamento de taxas: 9, 10 e 11 de xaneiro.

Procedemento de pagamento :

Cada persoa admitida, recollerá o impreso de autoliquidación de taxas na conserxaría do centro cívico correspondente. Este impreso é necesario para poder aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda. Unha vez realizado o pagamento na entidade bancaria, acudirase ao centro cívico no que se realiza a actividade co xustificante conforme realizou o pagamento. O trámite de presentación deberá realizarse -necesariamente- dentro do prazo establecido para a inscrición xa que de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

A partir do 12 de xaneiro xestionarase a listaxe de agarda.

Inicio de actividades: 30 de xaneiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión