Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2022

Convocatoria 2023 Bono-Taxi

Convocatoria de axudas para o transporte de persoas con discapacidade

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 17 de novembro ao 16 de decembro de 2022.

O día 16 de novembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria específica para a concesión de axudas económicas para persoas cunha discapacidade, que afecte gravemente á súa mobilidade e lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co obxectivo de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos durante o exercicio 2023.

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o día 17.11.2022 ata o día 16.12.2022 (ambos os dous días incluídos).

As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencions, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 3 anos.
  • Residir no Concello da Coruña e constar como empadroada/o.
  • Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.
  • No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
  • Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo.
  • Non dispoñer dunha capacidade económica, segundo o establecido nas bases reguladoras desta convocatoria, superior ao 210 % do IPREM vixente no ano 2023.
  • Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Toda a información, procedemento e documentos están na sede electrónica municipal premendo na seguinte ligazón Bono taxi

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión