Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2018

Convocatoria de bolsas para comedores escolares. Curso 2018/2019

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

O obxecto desta convocatoria é a regulación da bolsa de comedor escolar para o curso escolar 2018/2019 destinadas a familias do Concello da Coruña, empadroadas no Concello da Coruña e que teñan nenos e nenas a cargo escolarizados en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos na presente convocatoria.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Serán persoas beneficiarias desta convocatoria as unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino do termo municipal da Coruña sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na presente convocatoria.

REQUISITOS

Para acceder á bolsa, deberanse reunir os seguintes requisitos:

a) Todas as persoas compoñentes da unidade familiar deberán estar empadroadas, residir de forma efectiva e convivir no mesmo domicilio do Concello da Coruña cos/coas menores de idade para os/as que se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal da prestación, este requisito deberá manterse durante todo o curso escolar, sen prexuízo de que ante situacións excepcionais, que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, poida excepcionarse este requisito.

b) Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal ou ter concedido o acollemento familiar do/a menor ou menores para os/as que solicite a bolsa (base 2 no documento adxunto).

c) Matrícula efectiva dos e das menores (ou praza solicitada) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

d) Os ingresos máximos per cápita da unidade familiar non superarán os 6.000,00 € anuais, de conformidade co baremo establecido na base 8.

e) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ter sido beneficiario/a da bolsa o curso anterior.

Os requisitos deben cumprirse na data de presentación de solicitudes e serán valorados segundo indique a documentación achegada nesa data, fóra das situacións recollidas na base 12.

DOCUMENTACIÓN

A documentación para presentar variará en función das dúas modalidades de solicitude:

  • Nova solicitude, se a familia solicita a bolsa por primeira vez.
  • Renovación, se a familia xa foi beneficiaria desta bolsa comedor durante o curso 2017-2018.

Podes consultar toda a documentación necesaria, así como os criterios de valoración e outras cuestións importantes nos documentos "Basees bolsa comedor 2018/2019" que atoparás ao final desta noticia.

CANLES DE SOLICITUDE:

  • De forma presencial nos Rexistros Municipais o Rexistro Xeral do Concello.
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1 C.P. 15001, A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1 C.P. 15006, A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17 C.P. 15010, A Coruña
    • Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
  • A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

  • Bases bolsa comedor 2018/2019 galego (646 KB)
  • Bases bolsa comedor 2018/2019 castelán (654 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión