Para facilitar a continuidade da actividade das nosas corais municipais e permitir que as persoas que as integran poidan continuar coas súas prácticas neste tempo de confinamento, os directores das corais estruturarán actividades utilizando como ferramenta de comunicación a aplicación whatsapp dos teléfonos móbiles.
Todas as persoas que están inscritas na actividade nos diferentes centros cívicos municipais.
Maiores, Para público en xeral
Dende o 30/03/2020 ata o 30/04/2020
Xa rematou
Estar a participar nas corais dos diferentes centros cívicos da cidade.
Concellería de Benestar, Igualdade e Participación do Concello da Coruña
Desexamos que, con esta iniciativa, se faga máis levadío o confinamento obrigatorio e que as persoas que integran os diferentes coros poidan seguir en contacto coa súa afección e gusto pola música ata que poidan volver reunirse presencialmente nos centros cívicos municipais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible