Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2020

Corrección de erros na convocatoria de bolsas comedor curso 2020/2021

Correccións

Modifícase o primeiro parágrafo da Base 10.2, nos seguintes termos: "A autorización do/a alumno/a para consultar os datos dos que dispoña a Administración, enténdese outorgada coa sinatura da solicitude, salvo que se manifeste a oposición expresa á dita consulta no apartado correspondente. Neste caso, deberá presentar certificado de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Modifícase o segundo parágrafo da Base 10.2, nos seguintes termos: "Para asegurar a consulta correcta dos datos referidos ás persoas proxenitoras, titores/as ou persoas que ostenten a custodia ou garda, terán que asinar ambas no anexo IV da consulta de datos. Se algún dos dous membros non desexa autorizar que o persoal municipal consulte os datos persoais que obran en poder das administracións públicas, deberá expresalo marcando no mesmo anexo IV a oposición á consulta. Neste caso, debe saber que terá que achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  1. Declaración do imposto sobre a renda (Modelo 100-IRPF) ou certificado de imputación de rendas emitido pola AEAT, referidos ao último exercicio dispoñible.
  2. Certificado de prestacións (positivo/negativo) emitido polo Rexistro de Prestacións Sociais Públicas e referido ao mesmo período.
  3. Certificado de prestacións (positivo/negativo) emitido polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para o mesmo exercicio."

Modifícase o terceiro parágrafo da Base 11, nos seguintes termos: "Enténdese por unidade familiar nuclear a composta pola persoa solicitante (o alumno/a), as persoas que sexan proxenitoras ou ben ostenten a tutela ou a garda, e os/as irmáns/ás menores que convivan nesa unidade familiar."

Engádense tres disposicións finais ás bases reguladoras:

"Disposición Final Primeira.- Autorízase e facúltase a Alcaldía ou a Concellería delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación, competente en materia de axudas sociais, para interpretar e desenvolver o establecido nas presentes bases reguladoras da convocatoria destas axudas de bolsa comedor, así como para a corrección dos erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nela, de acordo co establecido no artigo 109.2 da 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición Final Segunda.- Autorízase e facúltase a Alcaldía ou a Concellería delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación, competente en materia de axudas sociais, para a realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan precisos para a execución e bo fin do acordado polas presentes bases de convocatoria destas axudas de bolsa comedor.

Disposición Final Terceira.- Autorízase e facúltase a Concellería delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación, competente en materia de axudas sociais, para a refundición, na súa versión consolidada, do texto, en idioma castelán e galego, das presentes bases de convocatoria destas axudas de bolsa comedor, así como dos anexos delas e os seus modelos de solicitude."

Corríxese un erro na táboa do baremo, onde di "Desde 6.001,00 € ata 7.000,99 €, 7 puntos", debe dicir "Desde 6.001,00 € ata 7.000,00 €, 7 puntos" e onde di "Máis de 7.001,00 €, 0 puntos" debe dicir "Máis de 7.000,00 €, 0 puntos"

Tamén se corrixen unha serie de erros nos anexos en galego, todos eles referidos á representación do menor ou a menor por parte dos seus proxenitores, titores/as legais ou persoas que ostenten a custodia ou garda.

Todas estas correccións pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Coruña así como nos dous documentos que se achegan con esta noticia:

  • Certificación do Acordo de Xunta de Goberno Local, do 17/06/2020, sobre modificación e corrección de erros das Bases reguladoras da convocatoria de axudas de Bolsas comedor para o curso escolar 2020/2021
  • Versión consolidada e actualizada das Bases reguladoras da convocatoria de axudas de Bolsas comedor para o curso escolar 2020/2021, tras a modificación das bases realizada polo acordo da Xunta de Goberno Local do 17/06/2020, en versión castelá e galega.

Documentos:

Modificación e corrección de erros das Bases reguladoras (116 KB)

Versión consolidada e actualizada das Bases reguladoras (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión