Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2014

Falece a primeira arquitecta de Galicia

Adeus á pioneira Milagros Rey Hombre

Milagros Rey Hombre foi a primeira muller en exercer a arquitectura en Galicia. Arquitecta xefa da sección técnica do Concello da Coruña, tendo ao seu cargo o persoal de Urbanismo e o corpo de Bombeiros.

Entre as súas obras máis destacadas figura a construción da Torre Dourada (dos mestres) que tamén foi o primeiro rañaceos da Coruña, o local social dos mariñeiros, unha obra realizada co apoio das mulleres dos pescadores como ela mesma dicía "unha obra levantada totalmente por mulleres".

Tamén exerceu a docencia na Escola de Arquitectura e foi condecorada coa Medalla Castelao en recoñecemento á súa traxectoria profesional realizada en Galicia.

No 2012 rendéuselle unha das súas últimas homenaxes públicas no Concello da Coruña, no acto institucional "Pioneiras", acto no que recoñecía o labor de moitas coruñesas que no seu día foron pioneiras.

Na contraportada de laopinióncoruña.es do día 9 de marzo do 2010 publicouse unha entrevista moi interesante con ela.

Enderezo:

Centro de Información ás Mulleres - CIM

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión