Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de Monicreques Nadal 2021

Durante cinco días no Fórum Metropolitano o público familiar contará cunha oferta de espectáculos de monicreques de gran diversidade técnica, de estéticas e temáticas moi variadas, sempre divertidas e emocionantes.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral, Infancia

Cando:

Dende o 26/12/2021 ata o 30/12/2021

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso unha vez que comece o espectáculo.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 euros

Abono 3 Familiar: (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros

Menores de 3 anos: 2,00 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

• Todas as persoas que accedan á sala na que terá lugar a función deben facelo con entrada.

• Unha vez comezada a función non se poderá acceder ao auditorio.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

  • BRANCANEVES E VOS 7 de Larei Lará 26/12/21
  • HISTORIA PARA UNHA MAN de Micromima e Espaguetti Monicreques 27/12/21
  • DOA BARRIGA VERDE de Larraitz Producións Artísticas 28/12/21
  • QUERO A LÚA! de Partículas Elementares 29/12/21
  • NIÑO de Partículas Elementares 30/12/21

AFORAMENTO EN TODOS Os ESPECTÁCULOS: 180 espectadores

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión