Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historias para unha man de Micromima e Espaguetti Títeres

Espectáculo de monicreques de guante sen palabras, para público familiar a partir dos 4 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

27/12/2021

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala. 

Duración:

40 min

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros 

Abono 3 Familiar: (3 entradas para a mesma función): 15.00 euros

Menores de 3 anos: 2.00 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

"Historias para unha man" é un espectáculo cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar tanto con nenos e nenas como cos maiores. Composto por catro delicadas pezas da vida cotiá, todos e todas nos sentimos identificados cas personaxes e as suas inquedanzas. "A pingueira", "Historia con frores", "O soño", "O impo" e como fío conductor "as mans" que poñen e quitan do escenario e que certamente son a ialma dos títeres.

Si hai algo que de verdade chama a atención nesta obra é a súa delicadeza,a poética do movemento, e aspiración á hora de conmover ó espectador coa máis precisa das manipulacións posibles e a total síntesis de movementos. Ó prescindir da palabra, é necesario que todas as accións e cada un dos movementos dos bonecos señan certeras co fin de transmitir as situacións coas que nos sentímo nos identificados, pois este espectáculo fala da forma máis poética das cousas sinxelas que nos pasan a cotío a calquera de nós.

FICHA ARTÍSTICA:

Presentador e manipulador: Ton Arenas

Autor e Dirección: Arturo Pérez

Adaptación: Arturo Pérez e Antonio Rodríguez

Escenografía: Mauro Leivas

Deseño do son: Jose Luis Corchea

Deseño de iluminación: Enrique Vatio

Vestiario: Maruja Lino

Música: Mozart

Espectáculo recomendado para nenas e nenos a partir de 4 anos

**Aforo: 180 localidades

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión