Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de marzo de 2021

Inés Rey: “Os discursos negacionistas sobre o feminismo non deberían de existir”

A alcaldesa participou esta tarde na primeira charla do ciclo “Conversas na Casa-Museo”, organizado polo Concello e a Real Academia Galega polo Centenario de Emilia Pardo Bazán

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mostrouse preocupada pola radicalización de discursos negacionistas "que en determinados temas como o feminismo non deberían de existir, e por iso, cómpre máis ca nunca seguir poñendo a muller no centro destas políticas na procura desa igualdade plena que só se vai conseguir con políticas feministas de verdade". Rey aseverou durante a primeira das charlas do ciclo "As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán: Conversas na Casa-Museo", que existe un aumento destas posturas radicais, como a da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, "que chegou a afirmar hai uns días que os homes sofren máis malos tratos que as mulleres, que son tamén vítimas da violencia", apuntou Rey.

Aínda hoxe, afirmou, a muller ten que superar moitos dos obstáculos dos que falaba Emilia Pardo Bazán hai xa máis dun século. Rey recoñeceuse como unha feminista convencida, e lembrou que a figura de Emilia Pardo Bazán foi moi avanzada para o seu tempo. "As mulleres temos moitas trabas que superar, como a de eliminar a dobre moral que existe arredor das mulleres, que non somos máquinas de ter fillos, que podemos estar completas sen a maternidade, e por iso é importante seguir reivindicando a figura de Dona Emilia". 

Para Rey, as claves para acadar unha igualdade real pasan pola educación, a cultura e os servizos sociais, pero tamén pola economía e os coidados: "Facendo políticas en prol das mulleres, traballando por avances concretos fuxindo de paternalismos.

A charla, titulada "A presenza das mulleres na política", serviu para afondar no papel das mulleres na actualidade, os seus logros e o avance da nosa sociedade en materia de igualdade, tomando como referente a figura da escritora e súa pegada.  A alcaldesa lembrou como a educación familiar e a súa vocación de servizo a levaron a dar os seus primeiros pasos na vida política, onde non tivo moitas dificultades por ser muller. Aínda así, recoñeceu que se topou cun certo paternalismo e prexuízos ante a "súa suposta inexperiencia" e idade, que se viron moitas veces reflectidas na campaña en temas como o da conciliación familiar, en que sinalou "non teño a obriga de conciliar nin máis nin menos que un home".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión