Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de febreiro de 2021

Lista de persoas que deben achegar documentación para as axudas de Bonotaxi 2021

Publicación da listaxe de persoas interesadas solicitantes e requiridas da convocatoria de axudas para o transporte en taxi (Bonotaxi 2021). O prazo para presentar a documentación requirida é ata o 19 de febreiro.

No documento que se atopa ao final desta noticia, pódese consultar o seguinte:

  • Relación de persoas solicitantes coa indicación do resultado do proceso de verificación de cumprimento dos requisitos da convocatoria de Bonotaxi 2021
  • Relación de persoas solicitantes ás que se lles require documentación no procedemento de concesión das Axudas Bonotaxi 2021

Quen solicitase o Bonotaxi e apareza na listaxe como que non cumpre os requisitos porque lle falta presentar determinada documentación, se non a presentase no prazo establecido, entenderase que desiste da súa solicitude, logo da previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para entregar a documentación requirida neste procedemento termina o 19 de febreiro.

Tamén se pode consultar esta información no Taboleiro de anuncios e edictos municipal

Documentos:

Bonotaxi 2021. Solicitantes: coa documentación correcta e con requirimento de documentación (743 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión