17 de xaneiro de 2022
Convocatoria de xaneiro de 2022
Inscrición os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro. O sábado 22 só en horario de mañá.
Podes consultar as listas de admisións nos documentos que se achegan.
Unha vez comprobada a inclusión nas listas de persoas admitidas, deberase retirar, no centro cívico, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda.
Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade, as persoas incluídas nas listas de admisións deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o resgardo do impreso municipal de autoliquidación de taxas no que conste que fixeron o aboamento do prezo público correspondente. Este trámite de presentación deberá realizarse, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible