Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2021

Listaxe definitiva de persoas beneficiarias e non beneficiarias da convocatoria de axudas económicas de Bolsa Comedor do curso escolar 2021/2022

Publicado hoxe, 29 de setembro, no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña

Hoxe publícase no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe definitiva de persoas beneficiarias e non beneficiarias da convocatoria de axudas de Bolsa Comedor do curso escolar 2021/2022.

A publicación deste anuncio acompáñase dos seguintes documentos que poden consultarse ao final desta noticia:

  • Listaxe definitiva de axudas concedidas. Nesta listaxe indícase para cada código de asento que identifica a solicitude, o número de expediente, o resultado da valoración, a puntuación obtida, o centro escolar e as contías obxecto de concesión.
  • Listaxe definitiva de axudas non concedidas. Nesta listaxe indícase para cada código de asento que identifica a solicitude, o número de expediente, o motivo de denegación así como a puntuación obtida na valoración da solicitude.

Ambas as listaxes publícanse por orde alfabética segundo o código do asento que é o identificador da solicitude, e que está constituído por unha serie de letras e números. (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta noticia).

De acordo co establecido na Base 12.6 da convocatoria, contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, cabe interpoñer polas persoas interesadas:

  • RECURSO POTESTATIVO de REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación do anuncio (arts. 123 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas). A presentación do devandito recurso poderá realizarse do 30 de setembro de 2021 ao 29 de outubro de 2021, ambos os incluídos, :
    • De forma presencial: Nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, e a Franxa con cita previa.
    • De forma telemática ou electrónica na sede electrónica do Concello da Coruña
    • Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO que se pode interpoñer directamente ante o Xulgado do Contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa)

Documentos:

Listaxe definitiva de axudas concedidas (227 KB)

Listaxe definitiva de axudas non concedidas (104 KB)

Documentos relacionados

  • Nota aclaratoria (149 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión