Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2021

O Concello abre o prazo de solicitude para subvencións a entidades sociais e veciñais por valor de 310.000 euros

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o obxectivo destas liñas de axudas é “a implicación de todas as entidades que traballan día a día para construír unha Coruña máis solidaria e inclusiva”

Tras a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, o Concello abrirá mañá -e durante un mes- o prazo de solicitude de tres modalidades de subvencións a entidades sociais e veciñais da cidade por valor de 310.000 euros.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o obxectivo destas liñas de axudas é "a implicación de todas as entidades que traballan día a día para construír unha Coruña máis solidaria e inclusiva". Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, destacou a importancia de poñer en marcha programas que sirvan para integrar as persoas en risco de exclusión social: "É necesario desenvolver proxectos para a diversidade e darlles aos distintos grupos sociais as ferramentas coas que favorecer a súa inclusión".

A Concellería de Benestar Social, Igualdade de Participación aposta por fortalecer o movemento asociativo que traballa pola igualdade de xénero e a diversidade na cidade da Coruña. Así, destina 150.000 euros para apoiar as entidades na promoción da igualdade e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e á prevención nas violencias machistas. Dentro desta convocatoria establécense dúas liñas subvencionables: 90.000 euros dirixidos a fortalecer o movemento asociativo no ámbito da acción polos dereitos das mulleres e a non discriminar colectivos e 60.000 euros destinados a previr as violencias machistas e atender as vítimas, así como a defender o recoñecemento e os dereitos das persoas LGTBQI e pola igualdade de xénero.

Por outra banda, o Concello tamén abre o prazo de solicitude para a convocatoria de subvencións ás entidades que desenvolven actividades ou proxectos de promoción e reinserción social por valor de 100.000 euros. O importe máximo para cada proxecto será de 8.000 euros.

Neira explicou a terceira das convocatorias de subvencións cuxo prazo de solicitude bota a andar mañá, a destinada ás asociacións veciñais para o ano 2021 por un importe de 60.000 euros, "que busca apoiar o asociacionismo veciñal por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía e contribúen á construción colectiva da nosa cidade". Establécense dúas liñas de axuda para esta convocatoria: 35.000 euros para financiar proxectos ou actividades culturais, formativas e educativas de interese social que favorezan a participación activa da veciñanza e 25.000 euros dirixidos a apoiar economicamente o funcionamento das entidades que non dispoñen dun local municipal cedido.

A información sobre as tres convocatorias de subvencións poderá consultarse no portal web da concellería: https://bit.ly/3gaTLZ4

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión