Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña recupera os bailes de maiores nos centros cívicos, unha actividade da que gozan 18.000 usuarios e usuarias

Comezan tamén as visitas guiadas a lugares emblemáticos da cidade

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, presentou esta mañá o calendario de bailes para maiores nos centros cívicos, unha das actividades máis populares e con máis afluencia de público das organizadas polo Concello e que volve á súa programación normal tras dous anos de parada pola epidemia da Covid-19. 

"Volven os bailes aos centros cívicos e é unha noticia magnífica non só para os nosos maiores, que recuperan unha das súas actividades favoritas, senón para todos, porque demostra que o peor da pandemia pasou e que podemos gozar da normalidade", dixo Neira, quen enmarcou a recuperación dos bailes e o inicio das visitas guiadas pola cidade entre as ferramentas máis útiles de "un dos eixos do Goberno municipal en política social: combater a soidade non desexada dos nosos maiores". 

O primeiro baile celebrarase o vindeiro luns, día 3 de outubro, no Centro Cívico de Monelos e o calendario será similar ao dos anos anteriores. Todos os luns haberá baile no centro cívico de Monelos, os martes en Labañou, os xoves no Castrillón e Eirís (en semanas alternas); os venres nos Mallos, os sábados en San Diego e os domingos en Monte Alto. O horario será sempre o mesmo: de 17.00 a 20.30 horas. 

Neira sinalou que a media de asistencia a estes bailes é de 100 persoas cada vez, co que nos 180 bailes que se celebrarán esta tempada haberá uns 18.000 usuarios e usuarias que gozarán desta actividade. 

Ademais, lembrou Neira, "a contratación de músicos e orquestras para os bailes de maiores é un grande apoio para os artistas, nestes meses en que reducen as súas actuacións unha vez finalizado o verán". 

Visitas guiadas 

A responsable de Benestar Social presentou tamén o programa de visitas guiadas que, a partir do próximo 4 de outubro, organizarán os centros cívicos para coñecer da man de guías especializados algúns dos lugares emblemáticos da nosa cidade, como o Palacio Municipal de María Pita ou o Museo Arqueolóxico. 

Para estas dúas visitas guiadas habilitarase nos centros cívicos de Castrillón, Os Rosales, San Diego, Labañou, Elviña-Palavea, Monte Alto, Cidade Vella, Mesoiro, Novoboandanza, Os Mallos, Eirís e Monelos, un calendario por días e grupos con 30 prazas en cada grupo (360 en total). Para apuntarse á actividade hai que anotarse en cada un dos centros ata esgotar prazas de forma individual. Posteriormente anunciaranse outros paseos e roteiros guiadas pola cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión