Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

24 de maio de 2020

O Concello destina máis dun millón de euros a cubrir as necesidades básicas das persoas vulnerables durante o estado de alarma

A maior parte do investimento adicouse a habilitar no pavillón de Riazor dous albergues para persoas sen fogar

O Concello destinou 1.100.000 euros a programas e axuda sociais durante o estado de alarma. Esta cifra non inclúe os gastos habituais nin os contratos existentes que tamén serviron para paliar os efectos derivados da crise sanitaria orixinada pola COVID-19. A Concellería de Benestar Social reforzou todos os programas existentes e puxo en marcha novos dispositivos para afrontar a crise con máis recursos e poder atender ás persoas en situación vulnerable.

Ademais, o Goberno local segue a traballar na posta en marcha dun plan de reactivación social (PRESCO) que permita reforzar os servizos. É necesario, explican as persoas responsables de Benestar Social, garantirlles ás familias o acceso a axudas que cubran as súas necesidades básicas. Un plan que lle dea prioridade ás prestacións económicas e incremente as medidas sociais para atender ás persoas dependentes e á cativada en situación de risco.Durante o estado de alarma, a maior parte do investimento destinouse á atención de persoas sen fogar. O Concello habilitou dous albergues no pavillón de Riazor (422.546 euros) con capacidade para 119 camas. As persoas beneficiarias recibiron atención médica, roupa e comida. Ademais de cubrir as súas necesidades básicas, o equipo técnico da concellería traballou con eles para lles axudar na súa inserción na sociedade e evitar que voltasen á rúa. Facilitáronselles clases de idiomas, tiñan actividades programadas durante o día...

Benestar Social destinou 346.901,13 euros á emerxencia social. O total de axudas económicas directas tramitadas foi de 1.176. A maioría destas axudas destináronse á adquisición de alimentos. Ademais, cada solicitude é valorada de forma individual atendendo as necesidades de cada persoa,

O Concello tamén adquiriu máscaras e material de protección para as persoas voluntarias e para o persoal traballador dos servizos municipais, que foron completando con achegas doutras entidades. Benestar Social repartiulle material de protección ás entidades da cidade que continúan traballando con persoas vulnerables (10.000 máscaras, 146 caixas de luvas, 911 pantallas protectoras, 1.146 batas e traxes de protección, 228 lentes de protección e 200 litros de solución hidroalcólica).

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión