Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2021

O Concello e Agalure lanzan unha campaña para concienciar a mocidade sobre a adicción ás apostas deportivas

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, apuntou á “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade”

O Concello, a través da Área de Benestar Social, en colaboración coa Asociación Agalure, lanza a campaña "Aposta pola parte boa do deporte", que busca aumentar a concienciación sobre un problema cada vez máis grave entre a mocidade como é a adicción ao xogo.

O pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa na que participaron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, o presidente de Agalure, Francisco Gil.

Yoya Neira apuntou a "importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves" e destacou "o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade". A concelleira manifestou que se trata dunha "campaña de sensibilización en que as e os protagonistas son seis xoves deportistas da cidade, de entre 17 e 19 anos, que nos amosan que do deporte debemos quedarnos coa parte positiva, a diversión, a práctica deportiva, o compañeirismo, e que as apostas nunca son un xogo". Ademais, a campaña responde aos formatos de vídeo que utiliza a mocidade hoxe en día, como son as historias de Instagram e os vídeos de Tik Tok.

O presidente de Agalure apuntou que as cifras en España son preocupantes, "contamos coa taxa máis alta de Europa de ludópatas entre 14 e 21 anos". Pola súa banda, Neira matizou que "os datos poden ser máis preocupantes aínda se temos en conta a dificultade de cuantificar a dependencia do xogo en menores de idade  porque precisamente non poden xogar de xeito legal".

A titular de Benestar Social concluíu agradencendo a súa presencia aos protagonistas da campaña e a Agalure "por esta idea e pola súa incansable labor na que saben que contarán sempre co apoio do Concello da Coruña".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión