Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2022

O Concello publica a resolución provisional das subvencións para actividades de igualdade e diversidade

As axudas destínanse a fortalecer o movemento asociativo e desenvolver actividades de prevención da violencia machista, a defensa do colectivo LGTBQI e accións de promoción da igualdade de xénero

Xa está dispoñible, na web municipal, a listaxe coa proposta de resolución provisional das subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social en materia de igualdade e diversidade que concede o Concello da Coruña a través da concellaría de Igualdade. O importe total das axudas suma 150.000 euros distribuídos en dúas liñas:

  • Liña 1. Fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo, por importe de  90.000 euros.
  • Liña 2. Actividades de prevención das violencias machistas en sentido amplo e atención ás vítimas, accións pola defensa do recoñecemento e os dereitos das persoas LGTBQI e accións de promoción da igualdade de xénero, por importe de 60.000 euros. 

As entidades que se presentaron para as subvencións da Liña 1 foron 26 e concedéronse o total das solicitudes. As cantidades concedidas están entre 1.385 e 5.018 euros. Para a Liña 2 presentáronse 22 proxectos por parte de 20 entidades e concedeuse subvención a 15 delas.  As cantidades concedidas están entre 1.385 e 5.431 euros.

Unha vez publicada a proposta de resolución provisional ábrese un prazo de 10 días para alegacións e, unha vez finalizado, ábrese outro de 5 días para que as entidades presenten unha reformulación, se así o desexan. A data aproximada de finalización de todos os prazos será o 7 de xullo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión