Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de febrero de 2021

O Goberno local aproba as novas bases para axilizar o proceso de admisión nas escolas infantís

Educación prevé publicar en abril, 4 meses antes que o ano pasado, a listaxe definitiva de alumnas/os para o curso que vén, para a que primará a situación económica, social e laboral das familias solicitantes. Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá as novas bases de admisión ás escolas infantís municipais para o curso 2021-2022 co fin de acelerar o proceso, o que permitirá publicar a listaxe definitiva de alumnas/os 4 meses antes que no 2020. A prioridade do Goberno de Inés Rey é apostar por unha educación igualitaria en que se favoreza a conciliación das familias e que estas teñan tempo para se organizaren ao saberen con tempo o centro ao que levarán aos seus fillos o curso que vén. En abril está previsto que saian as listaxes de admitidas/os.

Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.

O procedemento establecerase segundo sexa unha reserva de praza ou un novo ingreso de carácter preferente ou ordinario. Deste xeito, a renovación de praza nunha escola deberase formalizar entre o 4 e o 10 de marzo e as/os cativos terán dereito a cambiar de centro sempre que as persoas solicitantes estean ao día nos pagos mensuais e se teña un irmán ou irmá matriculado nel. O día 12 publicaranse as vacantes na web do Concello e abrirase un segundo período do 15 ao 30 de marzo para pedir praza como novo ingreso.

A súa vez, os novos ingresos serán de carácter preferente cando correspondan a fillas/os que prestan servizos na escola solicitada, teñan unha irmá ou irmán nela ou respondan ás consideradas como de urxencia social. Para demandar praza de carácter ordinaria, as e os proxenitores terán que estaren empadroados na Coruña antes do 1 de xaneiro deste ano e poderán optar por dúas escolas por orde de prioridade. Pola súa parte, as e os menores ao cargo deberán ter cumpridos os tres meses o 1 de setembro ou ben non chegar aos tres anos o 31 de decembro, unha cuestión que se poderá flexibilizar en caso de seren nenas/os con NEAE susceptibles de integración. Os baremos para admitir as e os pequenos dependerán da situación socioeconómica, económica e sociolaboral das familias. A gratuidade da súa escolarización consistirá en seis horas diarias de atención educativa que incluirán o servizo de orientación.

Doutra banda, desde a Concellería de Educación se están realizando videos en 3D de todos os centros infantís municipais e tamén dos CEIP para lles ofrecer aos pais/nais ou titoras/es visitas virtuais en liña coas que coñeceren por dentro as instalacións.

REFORMAS

Canto a melloras estruturais na rede municipal, o Concello executou o ano pasado máis de 2,3 millóns de euros na xestión destes centros educativos que son gratuítos desde este curso. Para os próximos meses, están previstas obras na escola de Monte Alto, onde se rehabilitará a cuberta  cun orzamento de 42.500 euros. Nos Cativos, repararase o muro con preto de 10.000 euros e mais a cuberta. Na Caracola, arranxaranse as filtracións logo de realizar unha cata na cuberta para estudar a súa orixe e na escola Luis Seoane reformarase tamén o tellado.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión