Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de marzo de 2021

O Goberno local destinará máis de dous millóns de euros ás bolsas comedor, a maior cifra da historia desta axuda

A Xunta de Goberno local sacou adiante os proxectos de humanización de Agrela e de reforma para mellorar a eficiencia enerxética do Centro Cívico de Elviña

O Goberno de Inés Rey aprobou esta mañá as bases que regularán a nova convocatoria de bolsas comedor, en que o Concello partirá dos 2.050.000 millóns de euros, a cifra máis alta na historia desta axuda. A alcaldesa sinalou que no momento actual, "as familias máis vulnerables son a nosa principal prioridade". Como novidade, acadarán a máxima puntuación, ademais das beneficiarias de RISGA ou Renda Social Municipal que xa foron incluídas o ano pasado, as que reciban o Ingreso Mínimo Vital ou un subsidio por desemprego. Establécese ademais un novo rango de valoración para aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade como consecuencia da pandemia, ben sexa porque están no paro, en ERTE ou en cesamento de actividade.

O concello asignará así inicialmente unha cantidade superior ás de exercicios anteriores, en que se destinaron 1,5 millóns de euros. En 2020, incrementáronse finalmente as axudas con outros 550.000 euros máis, debido ao alto número de concesións. Ademais, esta convocatoria implica un aumento de 1.000 até 8.000 euros, a renda per cápita da unidade familiar para o acceso.

Canto á tramitación, formarase o persoal traballador para que informe de todos os documentos necesarios e reforzaranse os puntos de atención con catro persoas auxiliares en María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Novo Mesoiro, que se dedicarán en exclusiva a esta competencia. Tamén se informará no 010 e a través das persoas auxiliares do servizo dos Equipos de Atención Especial e realizaranse reunións en colexios, coas ANPA e as entidades sociais para daren coñecer o contido destas subvencións.

Por outro lado, sacouse adiante o proxecto de reforma para mellorar a eficiencia enerxética do Centro Cívico de Elviña por un importe de máis de 604.000 euros, cofinanciados ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (antes POCS). Consistirá na reforma e adecuación do recinto, de tal modo que se mellorará o seu confort térmico, a salubridade das estancias interiores e a diminución do seu consumo enerxético.

Por outra parte, o concello impulsará a humanización de Agrela, tras lle dar o visto e prace na sesión desta mañá a unha actuación en que se reorganizará o tráfico da rúa Severo Ochoa coa construción dun carril bici bidireccional de 2,5 metros de ancho e o cambio a batería das prazas de aparcamento. Cun orzamento de 951.356,27 euros, os traballos financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), afectarán á marxe dereita da vía, desde o cruzamento coa rúa Galileo Galilei até a rotonda que está na intersección coa rúa Newton. Aumentarase a beirarrúa, que se pavimentará con formigón e na medianeira plantaranse árbores de gran porte. Das 25 prazas de aparcamento en batería, a rúa contará con 134 prazas nesta disposición tras reconverter as 66 que había en liña. Ademais, outorgouse a concesión dunha prórroga do prazo de execución das obras de urbanización da rúa Nosa Señora do Rosario até o 2 de xullo despois de que a empresa adxudicataria solicitase unha ampliación de tres meses máis o pasado mes de marzo.

Con respecto á Área de Urbanismo, a XGL deu conta tamén dos 179 expedientes tramitados no período comprendido entre o 5 e o 18 de marzo, dos que 20 foron licenzas urbanísticas, 101 de obras en réxime de comunicado, 38 para o exercicio de actividades en réxime de comunicación previa, 14 para o exercicio de actividades en réxime de declaración responsable, tres foron autorizacións de proxectos, un corresponde a unha desistencia e dous a permisos de primeira ocupación. No conxunto das licenzas, cabe destacar a que permitirá rehabilitar e ampliar o edificio da praza de Pontevedra, 2.

Ademais, aprobouse o proxecto de modificación puntual do PXOM no ámbito do polígono O30.2 "Avenida Joaquín Planells Riera", para cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en que se estima parcialmente o recurso que presentaron Promoción Agropecuaria e Industrial S.A. e Fomento de Explotaciones Agropecuarias S.L. contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente canto á clasificación deste solo como urbano non consolidado.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión