Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de xullo de 2020

Se tes entre 12 e 30 anos pódeste apuntar

Ocio saudable

Inscrición en liña do 28 ao 30 de xullo

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do servizo de Acción Social, leva a cabo o Programa de promoción de lecer saudable dirixido á mocidade de 12 a 30 anos, que ten como obxectivo o fomento de actividades relacionadas coa mellora dos hábitos saudables e o lecer construtivo. Este programa está cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas.

As actividades, que se levarán a cabo no mes de agosto, son gratuítas e as prazas limitadas.

Nesta edición ofértanse actividades de participación en liña e outras na que a participación será presencial.

Na modalidade presencial no medio aberto levaranse a cabo actividades como "Surf experience" nas que durante catro días as persoas participantes iniciaranse no surf e perfeccionarán a súa técnica; unha ruta ambiental polo río Mandeo cun percorrido guiado por plantacións que traballan na renovación do campo recuperando técnicas de agricultura tradicionais e ecolóxicas; unha ruta de sendeirismo por Ponteceso - esteiro do río Anllóns; unha xornada de multiaventura facendo rafting polo río Ulla, e "Multideporte experience" no que durante catro días practicaranse deportes náuticos e de praia como paddle surf, paddle surf XXL, kaiak, voleibol praia... Estas actividades contemplan o transporte gratuíto ao lugar do desenvolvemento da actividade.

Na modalidade presencial tamén se conta con actividades como iniciación ao debuxo manga e iniciación a youtuber que se desenvolverán no Centro Cívico dos Rosales.

Na modalidade "en liña" realizaranse actividades como: creación de curtametraxes con móbil, creación e mantemento de blogs e páxinas web, taller de novos escritores, taller de rap, taller de pizzas e taller de tuppers saudables.

A programación de todas as accións estará adaptada ás medidas de seguridade sanitarias recomendadas para a prevención da propagación da COVID-19. Quen participe nas actividades presenciais de interior e no medio aberto terá que usar máscara de forma obrigatoria e deberá aceptar as condicións de participación no programa, que se poñerán no seu coñecemento antes do inicio de cada actividade.

A inscrición para estas actividades será en liña, a través desta web.

Nesta ligazón están as indicacións para a inscrición e un arquivo con información das actividades, as súas datas de realización e horarios. Se desexas solicitar máis dunha actividade, deberás cubrir o formulario para cada unha delas.

A inscrición poderase facer das 08.00 h do día 28 de xullo ás 24.00 h do 30 de xullo, cubrindo os formularios indicados na ligazón de inscrición.

A realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas, que pode variar segundo as características de cada unha das accións.

Documentos:

Programa de ocio saudable (1 MB)

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión