Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro: "Los lugares verdes", de Luis Salvago

Descubre a nova obra de Luis Salvago, autor finalista do Premio Azorín 2017, finalista do Premio Nadal 2018 e Premio Novela Vargas LLosa 2019.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

29/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O escritor Luis Salvago presenta na Biblioteca Ágora o seu novo libro "Los lugares verdes", publicado en La Huerta Grande en xullo de 2022. A temática xira arredor dunha pregunta que se ama cando se ama? e no evento o autor estará acompañado polo xornalista José Miguel Giráldez.

Unha novela que transcorre en Afganistán, onde o autor traballou como tradutor nun hospital de campaña, e relata a historia real dunha bacha posh, vocábulo darí que significa "vestida como neno". Unha práctica común nalgunhas partes de Afganistán e Pakistán, no que algunhas familias sen fillos varóns elixen e designan a unha filla para vivir e comportarse baixo o rol de fillo varón.

Sobre Luis Salvago

Luis Salvago (Valencia, 1964) é suboficial do Exército de Aire e Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia. Foi finalista do Premio Azorín 2017 coa súa obra "Lloverá en septiembre", tamén finalista do Premio Nadal 2018 con "Bârân" e gañador do Premio de Novela Cátedra Vargas Llosa 2019 con "En el nombre de Padre", publicada en La Huerta Grande en 2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión