Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de decembro de 2019

Convocatoria de xaneiro de 2020

Resultados do sorteo para as actividades socioculturais dos centros cívicos

Números agraciados no sorteo, a partir dos cales se empezarán a confeccionar as listas de admisións

O documento que se achega contén os números de sorteo de cada centro cívico, a partir dos cales se elaborarán as listas de persoas admitidas provisionalmente (*) na convocatoria de xaneiro do programa de Actividades Socioculturais de Prevención e Cooperación Social, que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación desenvolve nos centros cívicos municipais.

(*) A admisión é provisional posto que non se fai definitiva ata que as persoas formalicen a inscrición.

As listaxes publicaranse o día 15 de xaneiro de 2020.

Inscrición nas actividades:

Unha vez comprobada a súa inclusión na listaxe de persoas admitidas deberán retirar, no centro cívico, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar, na entidade bancaria e no número de conta que figura no propio impreso, o prezo público que corresponda.

Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade as persoas incluídas nas listas de admisións deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o resgardo do impreso municipal de autoliquidación de taxas no que conste que fixeron o aboamento do prezo público correspondente. Este trámite de presentación deberá realizarse, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

Os días previstos para a inscrición nas actividades nesta convocatoria de xaneiro son:

21, 22 e 23 de xaneiro de 2020 no seguinte horario:

Mañás de 10:30 a 13:30 h

Tardes: de 17:00 a 20:00 h

Documentos:

Resultados do sorteo para actividades da convocatoria de xaneiro de 2020 (393 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión