Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2020

Yoya Neira fala da relevancia do labor dos e das traballadoras sociais para dignificaren a vida dos demais

A concelleira de Benestar Social participou nun acto homenaxe no concello a Concepción Arenal polo 200 aniversario do seu nacemento, promovido polo Consello Xeral do Traballo Social e o Colexio Oficial de Traballo Social en Galicia

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta tarde nun acto homenaxe no concello a Concepción Arenal polo 200 aniversario do seu nacemento, efeméride pola que o Consello Xeral do Traballo Social promoveu esta xornada e publicou o libro  "Concepción Arenal: reformadora social y moral desde la compasión", de Francisco Idareta, en que o autor responde a cuestións como a relación da intelectual con esta disciplina e como foi máis alá da caridade cristiá para sentar as súas bases.

A edila deu a benvida ás preto de 60 persoas participantes nun debate que xirou en torno á figura da escritora e que, segundo Yoya, foi "a precursora máis importante que tivo o Estado e o traballo social". Sinalou que no caso dos e das traballadoras sociais do concello, estes realizan tarefas invisibles en moitas ocasións, pero "relevantes e importantes de cara a dignificaren a nosa vida" e contou que as persoas organizadoras fixéronlle fincapé cando lle propuxeron o evento na súa importancia como precursora do traballo social tal e como se coñece na actualidade, "unha feminista nun mundo de homes, que se disfrazaba con roupa masculina para entrar na Universidade e como visitadora de pobres e de presos".

Pola súa parte, a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Miriam Rodríguez, sinalou que hoxe é "un día moi especial en que homenaxearmos a unha pioneira que cría que o traballo social non era só unha responsabilidade individual. Continuamos traballando pola defensa dos dereitos das persoas, en especial, das máis vulnerables, e seguimos participando para a articulación de medidas e políticas públicas que mermen esta desigualdade", manifestou a representante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión