6 de agosto de 2024
As familias xa poden consultar a listaxe provisional de nenos e nenas admitidas para o vindeiro curso
O Goberno de Inés Rey fixo público este martes, 6 de agosto, a listaxe provisional de persoas beneficiarias das bolsas de comedor para o vindeiro curso 2024/2025. En total, concedéronse 2.313 solicitudes do total de 4.946 recibidas. Esta listaxe de persoas admitidas é provisional e desde hoxe ábrese o período de presentación de alegacións. A listaxe e toda a información pode consultarse en www.coruna.gal/servizossociais.
O Goberno de Inés Rey busca promover con esta iniciativa políticas de cobertura social que garantan que toda a cidadanía poida gozar de servizos como o comedor escolar. A listaxe de persoas admitidas tamén pode consultarse nos taboleiros dos centros cívicos municipais.
Desde mañá iníciase un prazo de dez días hábiles no que que as persoas beneficiarias e interesadas poderán aducir alegacións e achegar documentos, que o órgano responsable terá en conta na proposta de resolución definitiva.
As alegacións poderán presentarse:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible