2 de agosto de 2024
Curso 2024/25
Hoxe, 02/08/2024, ás 9.00 h no Salón de Actos do Centro Cívico dos Mallos, realizouse o sorteo para dirimir o empate existente entre 1.118 solicitudes cunha puntuación total de 10 puntos.
Tras aplicar os criterios de prelación e en aplicación da base 9.10 e do punto 5 da base 9.11 e unha vez extraídas catro bólas, obtívose o seguinte número: 1325.
Este número corresponderá aos últimos díxitos que identifican o expediente individual. En consecuencia, resultará beneficiario/a da bolsa comedor 2024-2025 o alumno ou alumna que fose asignado ou asignada polo número elixido e os posteriores en orde ascendente ata esgotar o crédito consignado na base 3.1.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible