Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de xuño de 2020

A Coruña loce desde hoxe as cores do Orgullo baixo o lema “Deixémonos querer”

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación presentará a próxima semana un programa de actividades con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ que se conmemora o domingo en que as mulleres trans terán un papel protagonista

Baixo o lema "Deixémonos querer" arrinca hoxe a conmemoración do Día Internacional do Orgullo organizada polo concello coa colaboración das entidades LGTBIQ+ que quixeron participar. Desde esta tarde e ata o domingo a praza de María Pita lucirá as cores do movemento LGTBIQ+ que se verán reflectidas nuns círculos proxectados no chan, mentres que a fonte de Catro Camiños tamén se iluminará coas cores da súa bandeira que ondea xa na fachada da Domus.

A efeméride completarase cun programa de actividades que terán lugar en distintos espazos da cidade. A pesar de ser un Orgullo atípico pola pandemia, que fixo que as entidades decidisen cancelar a manifestación para evitar actividades que supoñan concentración de público, o concello non quere deixar de conmemorar un día que nos lembra a necesidade de seguir loitando polos dereitos das persoas LGTBIQ+ e o importante que é non dar pasos atrás nas reivindicacións do colectivo.

Desde o concello séguese a traballar para conseguir unha sociedade máis igualitaria en que o colectivo LGTBIQ+ teña os mesmos dereitos reais e as mesmas oportunidades. Para iso, a Concellería de Benestar Socia, Igualdade e Participación presentará a próxima semana un programa de actividades coas que se conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2020, e que contou coa colaboración de todas as entidades da cidade que quixeron participar.

O persoal responsable da concellería explicou que se trata dun programa menos ambicioso ao ter que adaptarse á nova normalidade, pero que contará cunha ampla oferta cultural. Tal e como sinala a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, este ano as mulleres terán un papel fundamental no programa de actos, porque é a estas mulleres ás que a Federación Estatal de entidades LGTB lles dedica este Orgullo baixo o lema de "Mulleres LBT: Sororidade e feminismo".

Para a concelleira, dentro deste colectivo, as mulleres trans sufriron unha dobre discriminación de xeito histórico por ser mulleres e por ser transexuais e "é a nosa obriga facelas visibles e devolverlles a dignidade que ata o de agora se lles negou". Por iso, a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, quere aproveitar esta conmemoración para apoiar a tramitación da Lei trans e pedir que a Xunta actualice a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión