Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2022

A Real Academia de Medicina de Galicia ofrecerá un ciclo de conferencias de divulgación sanitaria nos centros cívicos da cidade

No proxecto, dirixido polo presidente da institución, o doutor Francisco Martelo, participarán prestixiosos especialistas en enfermidades prevalecentes na nosa sociedade

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, presentou xunto ao presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, Francisco Martelo, o ciclo de conferencias que a institución médica organiza a partir do próximo martes, 20 de setembro, nos centros cívicos da cidade. 

As conferencias, impartidas por académicos e profesionais de primeiro nivel, centraranse na divulgación sobre patoloxías prevalecentes na nosa sociedade como as demencias, o cancro, a enfermidade cardiovascular ou as adiccións químicas e comportamentais, así como na información sobre novas tecnoloxías no diagnóstico e tratamento de enfermidades. Tamén se prestará especial atención á prevención en aspectos como a obesidade ou o envellecemento activo.

"Este ciclo de conferencias nos centros cívicos é unha oportunidade magnífica para lle facer chegar á cidadanía, de maneira directa, información moi valiosa sobre un aspecto esencial como é a saúde e o benestar", sinalou Neira, quen destacou a selección de temas que se tratarán, o prestixio da Real Academia de Medicina e a calidade profesional das persoas conferenciantes. 

Pola súa banda, Francisco Martelo subliñou que "a aprendizaxe obtida durante a pandemia debe ser un trampolín para afrontar de maneira máis racional e con máis coñecemento as tarefas da prevención e o tratamento da enfermidade". "Debe ser un tempo emerxente para a procura da saúde e a loita, máis eficaz, contra o resto das enfermidades e nesta liña é fundamental que a cidadanía adquira os coñecementos mínimos que lle permita manterse o maior tempo posible sa". 

Haberá un total de 28 conferencias que se realizarán nos distintos centros cívicos da cidade durante as próximas semanas. O ciclo comezará o vindeiro martes, día 20 de setembro, no Centro Cívico de Labañou coa conferencia 'COVID-19. Que nos fai pensar que está preto a fin da pandemia?', a cargo do profesor Juan Gestal, catedrático de Medicina e membro da academia, ás 19:00 horas. A última conferencia está programada para o 29 de novembro. As conferencias, cun formato ameno e participativo, están abertas a todo o público.

CALENDARIO DAS CONFERENCIAS

  • Martes 20 de setembro (19.00 horas), no Centro Cívico de Labañou: 'COVID-19. Que nos fai pensar que está preto a fin da pandemia?', a cargo do profesor Juan Gestal.
  • Mércores 21 de setembro (19.00 horas), no Centro Cívico dos Mallos: 'Pandemias na historia da humanidade: Principais ensinanzas', a cargo do profesor Juan Gestal.
  • Martes 27 de setembro (19.00 horas), no Centro Cívico de Elviña: 'O enigma da sonrisa da Gioconda', a cargo do catedrático universitario David Suárez Quintanilla.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión