Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de setembro de 2020

Bolsa comedor 2020/2021. Publicación da listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente

Na listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente detállanse as solicitudes con documentación completa (admitidas a trámite), con documentación incompleta (excluídas provisionalmente, requírese documentación) e que non cumpren requisitos. O prazo para presentar a documentación requirida é de o 3 ao 16 de setembro.

Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente das bolsas municipais de comedor 2020/2021.

CÓMO CONSULTAR A LISTAXE

A listaxe de solicitudes está publicada nos apartado "Documentos", ao final desta noticia.

As solicitudes están publicadas segundo o código do asento e por orde alfabética. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números.

Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do rexistro.

Se a solicitude se presentou no rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

Para a consulta desta listaxe, se ten algunha dúbida en relación ao seu código de asento ou non dispón del, pode chamar aos teléfonos:

  • Teléfono de Atención Cidadá 010, en horario de 08.00 a 20.30 h, de luns a venres e de 09.00 a 14.00 h os sábados.
  • En horario de mañá, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 h no teléfono 981 184 200, marcando as seguintes extensións: 33034, 33035, 33028, 33029, 33098, 33026, 33030, 33011, 33015, 33016, 67125, 33061, 33014; e nos teléfonos 981 184 370 e 981 184 294.
  • En horario de tarde, de luns a venres, de 16.00 a 20.30 h nos seguintes teléfonos 981 189 885, 981 184 372, 981 184 360, 981 184 350, 981 184 370, 981 184 358, 981 184 362, 981 184 364 e 981 184 379.

No caso de non ter código de asento, ao realizar a chamada, deberá facilitar o seu número de identificación persoal (DNI, NIE etc.)

ESTADO DA DOCUMENTACIÓN

  • Documentación completa: solicitudes admitidas a trámite e pendentes de valorar.
  • Documentación incompleta: solicitudes excluídas provisionalmente. Concédeselles un prazo de 10 días hábiles para emendar a solicitude, achegando a documentación que se detalla na listaxe baixo o título REQUIRIMENTO. A documentación poderase presentar:

O prazo para presentar a documentación requirida é do 3 ao 16 de setembro. En caso de non presentar a documentación requirida que se recolle nos puntos 10.1 e 10.2 da convocatoria dentro do prazo establecido, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude de bolsa comedor para o curso 2020/2021.

  • Non cumpre requisitos: aparecen as solicitudes excluídas por non reunir os requisitos 6.1.a e/ou 6.1.b establecidos na convocatoria. Neste caso, poderán presentar alegacións cando, posteriormente, se publique a listaxe provisional de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada.

No caso do CEIP de Novo Mesoiro non contaba cun servizo de comedor autorizado na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes. Unha vez que o centro conte con servizo de comedor autorizado, a ANPA comunicarallo ao concello e as persoas interesadas poderán solicitar a bolsa por causa sobrevida (apartado 14 da convocatoria).


1 CITA PREVIA: para presentar a documentación nos rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum e a Franxa hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal www.coruna.gal, Teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.

Documentos:

Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente (638 KB)

Nota aclaratoria Listaxe de solicitudes de persoas admitidas e excluídas provisionalmente (171 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión