Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2021

Bolsa comedor 2021/2022, publicación da listaxe provisional de persoas beneficiarias e puntuación outorgada

Listaxe provisional de persoas beneficiarias e puntuación outorgada da convocatoria de bolsa comedor 2021/2022.

Hoxe publícase no taboleiro de anuncios e edictos municipal:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&ide=13754

Consulta a listaxe provisional no documento que se achega.

A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta noticia).

Se as persoas solicitantes ou interesadas non están de acordo co resultado da súa solicitude e desexan presentar alegacións a esta listaxe, teñen un prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación desta listaxe no Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello da Coruña.

Durante este prazo, as persoas interesadas poderán achegar documentación e outros elementos de xuízo que serán tidos en conta polo órgano competente para ditar a correspondente proposta de resolución.

Todas as alegacións deben de ser presentadas:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais con CITA PREVIA. Para presentar a documentación nos rexistros municipais da Franxa, Fórum, María Pita e Ágora, hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal www.coruna.gal, no Teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar alegacións é do 30 de xullo ao 12 de agosto, ambos incluídos.

Documentos:

LISTADO-PROVISIONAL-PUBLICO.pdf (266 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión