Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2021

Bolsas comedor para o curso 2021/22

Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, os dous incluídos.

Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor 2021/2022. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica.

A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderá presentarse, logo da cita previa, nos rexistros municipais (praza de María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas entre o día 5 e o día 30 de abril. A dita solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso a alumna ou o alumno que efectivamente use o comedor escolar.

Todas as listas que se publiquen (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a persoa beneficiaria atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Ao final desta noticia, en Trámites relacionados, está toda a información necesaria para cubrir o trámite.

Documentos:

Solicitude e anexos (5 MB)

Convocatoria en castelán e galego (661 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión