Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de xullo de 2020

Exercicio 2020

Bonotaxi 2020: Notificación colectiva de resolución definitiva de axudas concedidas e denegadas

Anuncio sobre notificación colectiva de resolución definitiva, prevista na base 12 das bases reguladoras desta convocatoria e apertura do prazo de presentación de recursos

O 7 de xullo de 2020 publicáronse as axudas concedidas e denegadas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade. Estas axudas, concedidas idividualmente en forma de bonos, puidéronse consultar no taboleiro de anuncios e edictos da sede electrónica do Concello da Coruña.

O 29 de xullo de 2020 publícase no taboleiro de anuncios e edictos da mesma sede electrónica a resolución definitiva de concesión e denegación de axudas para o exercicio 2020 con publicación colectiva das ditas concesións ou denegacións.

Contra esta resolución, definitiva en vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso de reposición no prazo dun mes, que se conta desde o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios.
  • Recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, que se conta desde o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión