Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de agosto de 2020

Continúa aberta a convocatoria pública para incorporar vivendas ao banco de alugueiro municipal

A iniciativa de Benestar Social permitiralles, a familias con risco de exclusión social, accederen a unha casa digna e que as persoas cedentes se beneficien de prezos favorables polo arrendamento das súas propiedades.

Continúa aberta a convocatoria pública para incorporar vivendas ao banco xestionado por EMVSA destinado a persoas en situación ou en risco de exclusión social. Esta iniciativa de Benestar Social enmárcase dentro do proceso en que a concellería traballa para lles dar acceso a un hábitat digno ás persoas habitantes dos asentamentos precarios na Coruña. Por outro lado, permitirá que as e os arrendadores se beneficien de prezos favorables polo alugueiro das súas propiedades. 

EMVSA, garantirá o cobro da renda polas persoas cedentes de pisos mediante a contratación de pólizas de seguro. Tamén asumirá o custo da reparación dos posibles danos causados polo uso e o depósito da fianza arrendaticia no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). As vivendas deberán estar situadas no termo municipal da Coruña e non ter ningún tipo de carga ou gravame que impida seren arrendadas por EMVSA, titular do contrato. Así mesmo, deberán estar desocupadas, sen limitacións urbanísticas que impidan utilizalas.

Por último, admitiranse unicamente aquelas que presenten un bo estado xeral de conservación e mantemento e que reúnan unhas condicións mínimas para seren habitadas. Terán que dispor tamén dun equipamento doméstico básico -ou, de non o teren, de instalacións mínimas para o colocar, así como de subministracións de auga e enerxía. Por último, deberán contar co certificado de eficiencia enerxética, que achegará a persoa propietaria antes de asinar o contrato de arrendamento por parte de EMVSA coa persoa usuaria final.

A contía máxima que se percibirá será de seiscentos euros (600,00€) mensuais, que se poderán incrementar até un 10% máis se a propiedade dispuxer de garaxe ou rocho (5% por cada unidade). A cantidade total será fixada polo Consello de Administración de EMVSA entre os 450 e os 600 euros ao mes e acordarase segundo o número de dormitorios e da súa superficie construída. Outros requisitos para que as e os arrendadores reciban o máximo será a súa accesibilidade e a idoneidade das instalacións e equipamentos.

As persoas propietarias comezarán a percibir a renda unha vez que EMVSA formalice o contrato de arrendamento e, en todo caso, no prazo máximo de tres meses desde a inclusión do inmoble no Banco de Vivendas, segundo o acordo adoptado polo Consello de Administración de EMVSA.

EMVSA poderá excluír do Banco de Vivendas aquelas que non foren postas ao dispor das e dos usuarios nun prazo máximo de seis meses desde a súa inclusión no mencionado Banco e a renda actualizarase cada ano conforme á normativa vixente sobre arrendamentos urbanos. Non se lle poderá repercutir a EMVSA o imposto sobre bens inmobles nin os gastos de comunidade, que correrán por conta da persoa propietaria.

CORENTA INMOBLES

A Empresa Municipal de Vivenda xestionou arredor de 40 vivendas neste programa. Desde 2017, son varias as experiencias de propietarias/os que solicitaron o rescate das súas casas, preferentemente para as utilizaren. Segundo EMVSA, recibíronas satisfactoriamente nas mesmas condicións en que as entregaron, coas reparacións pertinentes, e sen débedas por recibos de alugueiros pendentes.

Para máis información, calquera persoa interesada pode consultar as bases da convocatoria na web de EMVSA www.emvsa.es, dentro do apartado "perfil do contratante", chamando ao 981 910 460 ou de maneira presencial nas oficinas da Casa da Auga, para o que cómpre solicitar cita previa.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión