Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xullo de 2022

Concedéronse 2759 axudas, o maior número na historia do programa

O Concello publica a listaxe provisional de concesións das bolsas comedor para o curso 2022-2023

As familias que desexen presentar alegacións poderán facelo nun prazo de dez días hábiles

Xa están publicadas na web do Concello da Coruña as listaxes provisionais de concesións, denegacións e puntuación outorgada das bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. A convocatoria 2022-2023 é a edición na que máis solicitudes se concederon: un total de 2759 das case 4000 que se solicitaron, un número que tamén foi o máis alto ata a data.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, subliñou "o esforzo realizado para favorecer as familias, adiantando a data dos prazos de presentación das solicitudes, e a celeridade na resolución, aínda co alto volumen de peticións recibidas". Neira subliñou tamén o incremento anual das bolsas concedidas, que se sitúa nun 9 % con respecto ao ano pasado, un 18,85 % con respecto a hai dous anos e un 56,5 % respecto ao 2019.

As familias teñen distintas formas de consultar as listaxes:

  • No taboleiro de edictos da web municipal
  • Na páxina web de servizos sociais
  • Nos taboleiros dos centros cívicos municipais
  • No teléfono de atención cidadá 010

Non foron concedidas un total de 1.190 solicitudes polas seguintes razóns:

  • Un 36,56 %  débese a que non alcanzaban a puntuación mínima
  • Un 31,34 % superan os ingresos establecidos na convocatoria
  • Un 31,51 % non cumpren as bases da convocatoria ou non achegaron a documentación completa.
  • Un 0,59 % por outros motivos, como desistir do procedemento ou presentar a documentación fóra de prazo.

As familias terán un prazo de dez días hábiles para presentar as alegacións que consideren oportunas. O prazo é do 12 ao 26 de xullo, ambos inclusive. As alegacións poderán presentarse:

  • Previa cita (teléfono de atención cidadá 010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais de praza de María Pita, Fórum Metropolitano, centro Ágora e Franxa.
  • No rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).
  • Así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión