Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2022

O Remanso oferta novas actividades gratuítas nos meses de maio e xuño

O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos

O novo centro xuvenil O Remanso, situado no barrio de Catro Camiños e aberto o pasado 9 de abril, oferta un novo calendario de actividades orientadas aos mozos e mozas da cidade da Coruña. As actividades levaranse a cabo durante os meses de maio e xuño, serán totalmente gratuítas e están orientadas ao público mozo desde os 12 ata os 30 anos.

O centro permanece aberto ao público todos os mércores, venres, sábados e festivos en horario de 11.00 a 14.00 horas pola mañá, e todos os días pola tarde, de 17.00 a 22 h. Ademais o dispón de varios servizos, como salas de traballo e estudo, xogos e materias creativos así como equipamento tecnolóxico e servizo wifi en todo o recinto.

A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, conta cun amplo catálogo que ofrece ata dezaseis actividades, dende talleres, charlas ou actividades formativas (como pode ser a preparación para entrevistas de traballo ou orientación sobre voluntariado europeo), ata actividades lúdicas ou deportivas, como os xogos de mesa ou talleres de breaking. Igualmente, ofrécense obradoiros temáticos como 'Varitas para muggles', con clara referencia aos fans do universo cinematográfico de Harry Potter.

Os diferentes eventos contan cun tramo por idades, ás que a actividade vai orientada. Deste xeito búscase clasificar as actividades con respecto á idoneidade para o público en canto ao contido dos diferentes actos, segmentando así o grupo de idade de entre os 12 e os 30 anos.

O Remanso foi reformado grazas a un investimento de case 360.000 euros financiados con fondos FEDER, co obxectivo de promover un lecer que estimule hábitos saudables entre a xuventude no seu tempo libre. Ademais destas actividades, o novo Remanso conta con instalacións de libre acceso: unha área de estancia na planta baixa, así como unha sala común de traballo no soto. 

Oferta de actividades no centro xuvenil O Remanso

As actividades ofertadas polo novo centro xuvenil O Remanso son moi variadas e responden ás demandas dos mozos e mozas a través das RRSS, así como no propio espazo de forma presencial. Entre a oferta poderemos atopar actividades deportivas, lúdicas, creativas, ambientais e artísticas.

Ademáis da programación propia do espazo, entre maio e xuño no Remanso levarase a cabo actividades do programa "Asesórate na rede", organizado pola rede de Espazos de Información Xuvenil sobre temas de interese da mocidade, así como actividades do programa "Nocturnia", que promove o ocio saudable para a xente moza.

A programación total é a seguinte:

  • 7 de maio. EnXogos de mesa: Sushi Go!, Virus e ... Homes Lobo de Castronegro. Horario: 11.30 a 13.30 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 11 de maio. Obradoiro de Lettering (iniciación). Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 12 de maio. Interrail para principiantes. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 14 de maio. EnXogos de mesa: Jungle Speed, A polilla tramposa e Double. Horario: 11.30 a 13.30 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 18 de maio. Obradoiro varitas para 'muggles'. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 19 de maio. Como realizar unha entrevista de traballo? Horario: 18.00 a 20.30. Idade: 16 a 30 anos.
  • 20 de maio. Talleres de Breaking en Nocturnia. Horario: 18.30 a 20.30 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 25 de maio. Obradoiro bebidas saudables. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 28 de maio. Torneo de futbolín. Horario: 18.00 a 21.30 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 1 de xuño. EnXogos de rol. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 2 de xuño. Como realizar un voluntariado europeo? Horario: 18.00 a 19.30 h. Idade: 18 a 30 anos.
  • 9 de xuño. Re-calculando ruta: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tralos efectos da covid-19. Horario: de 18.00 a 19.30 h. Idade: 16 a 25 anos.
  • 11 de xuño. Obradoiro de estampación e pintado de camisetas. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 15 de xuño. Obradoiro de comedeiros para aves con refugallo. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 17 de xuño. Obradoiro de maquillaxe teatral. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.
  • 22 de xuño. Obradoiro de 'Scrapbooking'. Horario: 18.00 a 20.00 h. Idade: 12 a 30 anos.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión