Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de outubro de 2021

Talleres de Samaín nos centros cívicos municipais

Os talleres son gratuítos e están dirixidos a menores de 6 a 12 anos

Na rede municipal de centros cívicos realizaranse talleres para conmemorar o Samaín.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos a menores de 6 a 12 anos.

Cada taller ten unha duración dunha hora e media e levarán a cabo nos centros cívicos municipais de Rosales, Monte Alto, Elviña, Palavea, Labañou, Cidade Vella, Castrillón, San Diego, Eirís, Mesoiro, Monelos, Novoboandanza, Mallos, San Pedro de Visma , Pescadores, A Silva, Sacra Familia, Santa Lucía, Santa Margarita e Feáns.

No documento "Talleres de Samaín 2021 CCM" que atoparás ao final desta noticia, podes consultar centro cívico, día e horario de realización dos talleres.

Para participar, é necesario realizar a inscrición no servizo de conserjería do centro cívico onde se desexe realizar o taller.

As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de chegada.

Ademais dos talleres presenciais na canle de YouTube "Coruña Acompaña", o xoves en horario de tarde, programarase un vídeo sobre como deseñar unha careta de Samaín.

*PREVENCIÓN COVID -19

Os menores que acudan ao taller presencial deberán levar máscara de acordo co establecido no artigo 6 do Real Decreto Lei 21/2020 de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.

Durante o desenvolvemento do taller, manteranse as normas de hixiene, seguridade e mantemento da distancia física recomendados polas autoridades sanitarias.

Talleres de Samaín 2021 CCM (110 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión