Concello da Coruña

Concello da Coruña

Accións e actividades formativas e de mellora da empleabilidad para poboación migrante

Esta prestación contribúe a mellorar a situación de empleabilidad do colectivo migrante, incidindo en aspectos como os seguintes: formación específica, formación transversal para a mellora das habilidades sociais e competencias prelaborales e laborais. Desde o Club de Emprego refórzase e motiva unha procura activa de emprego planificada e constante co obxectivo final da inserción laboral.

A quen vai dirixido?:

Homes e mulleres inmigrantes ou emigrantes retornadas/vos en idade de traballar.

Organiza:

Os cursos formativos específicos son impartidos con carácter xeral por diferentes entidades ou empresas especializadas en materias laborais concretas.

Requisitos:

Con carácter xeral, pertencer a unha das tipoloxías de persoas beneficiarias, estar en situación de desemprego ou en situación de emprego precario.

Con carácter específico, valoraranse os seguintes factores:

  • formación para o emprego deficiente (baixa cualificación profesional específica) ou non axustada ao mercado laboral.
  • escasa ou nula experiencia laboral que é oportuno compensar con prácticas profesionais en empresas.
  • persoas que aínda estando empregadas, precisen formación complementaria para o mantemento do seu posto de traballo.

Remuneración / Custo:

Os servizos que comprende esta prestación son:

  • Formación pre-laboral.
  • Formación laboral específica de curta duración.
  • Formación laboral complementaria e transversal.
  • Club de Emprego: espazo onde se pon a disposición das persoas destinatarias ou beneficiarias da prestación, todas as ferramentas necesarias para a realización dunha procura activa de emprego.

Dotación: 1 técnica laboral.

A duración desta prestación é de duración regular durante todo o ano e a formación específica tamén se irá ofertando ao longo do ano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión