Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aloxamento alternativo de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero

A Casa de Acollida para Mulleres (en diante CAM) é un recurso especializado de carácter residencial e temporal que ofrece un espazo de acollida, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e os menores ou persoas incapacitadas ao seu cargo.

A quen vai dirixido?:

Mulleres maiores de idade ou emancipadas, así como as persoas que delas dependan, vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de xénero que requiran un aloxamento alternativo de carácter temporal.

Con residencia no termo municipal da Coruña e provincia da Coruña.

Requisitos:

Mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de xénero.

Prazo de presentación:

En calquera época do ano.

Remuneración / Dotación:

Servizos:

  • Aloxamento confidencial, refuxio, protección e manutención.
  • Información e asesoramento xurídico, social, laboral e atención psicolóxica.
  • Atención ás necesidades educativas, sociais, de saúde e de integración que precisen.
  • Xestión dos recursos educativos, sociais, de saúde e de inserción social necesarios para prestar de forma adecuada a atención indicada no apartado anterior.

Atención permanente, as 24 horas do día, todos os días do ano.

O tempo de permanencia, con carácter xeral, non poderá ser superior a tres meses, computados a partir dos trinta días naturais de ingreso provisional.

Así mesmo poderán acceder á CAM mulleres en situación de especial vulnerabilidade por razón de xénero previa valoración técnica.

Máis información:

Canles de acceso para o ingreso na CAM:

  • Departamento autonómico con competencias en materia de igualdade e/ou servizos sociais e as súas respectivas delegacións provinciais.
  • Centros de información das mulleres existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Servizos Sociais das distintas administracións municipais.
  • Servizos Sociais dos Concellos da provincia da Coruña, en virtude dun convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña.
  • Servizos de urxencia da rede sanitaria.
  • Xulgados de garda.
  • Dependencias da Policía Nacional, Municipal e Garda Civil.
  • Outros centros de acollida (convenios de colaboración do Concello da Coruña co departamento autonómico con competencias en materia de igualdade e/ou servizos sociais, centros de acollida da Comunidade Autónoma e centros de fóra da comunidade nos supostos nos que fose preciso o traslado da muller e as súas fillas/vola outra localidade distinta daquela na que reside por razóns de seguridade).

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión