Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio á tramitación de recursos e prestacións doutros sistemas de protección social en materia de atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornados

Ante unha demanda dun recurso ou servizo que pertence a outro sistema de protección social como seguridade social, emprego, vivenda, sanidade, educación, administración civil, administración de xustiza etc, dáse apoio á persoa usuaria ben directamente ou ben axudándolle nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto.

A quen vai dirixido?:

Toda a poboación.

Organiza:

Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, outras AA.PP., ONG's e/ou entidades sociais

Requisitos:

  • Estar empadroado/a no termo municipal do Concello da Coruña e/ou residir nel.
  • Acudir presencialmente á unidade de atención social máis próxima ao seu domicilio.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Máis información:

O apoio poderá consistir en proporcionar unha información, asesoramento ou facer un trámite concreto, realizar un informe social ou obter información que lle posibilite ao cidadán o acceso ao recurso que solicitou.

Nalgún caso a traballadora social poderá derivar a programas ou servizos determinados que completen a atención a cada persoa/familia.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión