Concello da Coruña

Concello da Coruña

Atención e apoio para a inclusión social e transición á vida autónoma das mulleres.

Facilita oportunidades de axuste persoal e incorporación sociolaboral ás mulleres (se é o caso, aos seus fillos e fillas) residentes nun piso de inclusión e transición á vida autónoma.

Implica o deseño e seguimento dun proxecto personalizado de intervención social integral, (adaptado a cada muller e, se é o caso, menor) por parte dunha profesional de referencia durante a estancia temporal no devandito piso.

A quen vai dirixido?:

Mulleres en situación ou risco de exclusión social asociada a un factor ou sesgo de discriminación, condicionado polo xénero, con especial fincapé en mulleres vítimas de violencia de xénero así como aos e ás menores delas dependentes.

Requisitos:

Residir nun piso de inclusión e transición á vida autónoma, o que implica:

  • compromiso previo cunhas normas de funcionamento interno.
  • compromiso na realización das tarefas comprendidas no proxecto personalizado de intervención social integral (dirixido tanto á muller como, se é o caso, aos seus fillos/as).

Prazo de presentación:

En calquera época do ano.

Remuneración / Dotación:

Supón as seguintes actuacións: 
  • Deseño e seguimento dun proxecto personalizado de intervención social integral, tanto para as mulleres como para os seus fillos e fillas, se é o caso, isto é, respondendo ás súas necesidades e favorecendo a transición á vida autónoma.
  • Apoio en distintas áreas:
    • Na área persoal abordando varios aspectos:
      • - afectivo-emocionais
      • - habilidades instrumentais
      • - físicos e relacionados coa saúde
      • - adquisición e/ou reforzo de comportamentos e habilidades sociais e pro-sociais 
    • Na área de capacitación e integración abordando os seguintes contextos:
      • - familiar
      • - formativo
      • - laboral (abordada especificamente na prestación específica desta materia)
      • - residencial
      • - de lecer e tempo libre

Máis información:

A duración desta prestación está condicionada ao proxecto personalizado de intervención integral.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión