Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas a familias para comedores escolares 2019/20120 (Bolsa comedor)

O obxecto desta convocatoria é a regulación das bolsas de comedor para o curso escolar 2019/2020, destinadas a familias empadroadas no Concello da Coruña e que teñan nenos e/ou nenas a cargo, coa súa escolarización feita en centros educativos dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos na presente convocatoria.

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino do termo municipal da Coruña sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na presente convocatoria.

Organiza:

Concejalia Xustiza Social e Coidados. Programa municipal traballo con familias.

Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, do 22 de abril ao 6 de maio.

Requisitos:

a) Poderán acceder á bolsa de comedor, todas as persoas compoñentes da unidade familiar que estean empadroadas e convivisen no mesmo domicilio do Concello da Coruña cos/as menores de idade para quen se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal da prestación, este requisito deberá manterse durante todo o curso escolar 2019/2020, sen prexuízo de que ante situacións excepcionais, que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, póidase excepcionar este requisito.

b) Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal ou ter concedido o acollemento familiar do menor ou menores para os que soliciten a bolsa.

c) Ter matrícula efectiva ou praza solicitada dos/as menores en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

d) Os ingresos máximos per cápita da unidade familiar non superarán os 6.000,00€ anuais, de conformidade co baremo que se establece na presente convocatoria.

e) Acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións derivadas da participación neste programa, en caso de ser beneficiario/a de a bolsa o curso escolar anterior.

f) Igualmente serán de aplicación os requisitos establecidos na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e no Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións aprobado por Real Decreto 887/2006.

Canles de solicitude:

  • De forma presencial nos Rexistros Municipais .
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1 C.P. 15001, A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Cale Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña
    • Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
  • A través do rexistro telemástico, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Tamén che pode interesar

  • Solicitude bolsa comedor

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión