Axudas económicas de pago único, destinadas a cubrir necesidades básicas e urxentes en situacións persoais ou familiares de emerxencia social.
Persoas en situación de risco de exclusión social.
Todo o ano.
Prestación socioeconómica segundo a seguinte táboa de conceptos:
Concepto | Contías máximas (100%) |
---|---|
Uso de vivenda habitual: | 1.331,28 euros |
Habitabilidade: | 5.325,10 euros |
Equipamento: | 1.065,02 euros |
Necesidades primarias: | 1.065,02 euros |
T. vivenda (dentro localidade): | 1.065,02 euros |
T. vivenda (fóra localidade): | 1.331,28 euros |
Considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinan os gastos extraordinarios dunha familia como o mantemento da vivenda habitual, a subsistencia e outros gastos non cubertos polos diferentes sistemas de protección social.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Trámites
5 de abril de 2021
Cunha partida inicial de 2.050.000 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destas axudas, o Goberno de Inés Rey pretende darlles cobertura ás familias máis vulnerables, polo que obterán a máxima puntuación aquelas beneficiarias de subsidios por desemprego, Ingreso Mínimo Vital, RISGA e Renda Social Municipal
30 de marzo de 2021
Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, os dous incluídos.
24 de marzo de 2021
A Xunta de Goberno local sacou adiante os proxectos de humanización de Agrela e de reforma para mellorar a eficiencia enerxética do Centro Cívico de Elviña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible