Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información, asesoramento psicolóxico, xurídico e social para mulleres na Casa de Acollida

O asesoramento psicolóxico, xurídico e social específico para persoas usuarias da Casa de Acollida é unha prestación técnica imprescindible para cumprir coa finalidade esencial da CAM que presta un espazo de acollida e seguridade e traballa na recuperación integral das mulleres vítimas.

Esta intervención interdisciplinar permite deseñar un proxecto adaptado de intervención persoal para cada muller e menor, se é o caso, así como facer un seguimento del (e polo tanto os axustes necesarios) polo propio equipo da CAM durante a estancia da persoa usuaria.

A quen vai dirixido?:

  • Mulleres e menores usuarias/os da CAM.

Requisitos:

No momento da solicitude, ser usuaria/o da Casa de Acollida para Mulleres vítimas de violencia de xénero (CAM) do Concello da Coruña.

Prazo de presentación:

En calquera época do ano.

Remuneración / Dotación:

  • información sobre recursos xurídicos, sociais e psicolóxicos aos que poida acceder sexan ou non municipais e derivación se procede.
  • asesoramento xurídico, seguimento das súas reclamacións e tramitación de xustiza gratuíta, se é o caso.
  • atención psicolóxica para a usuaria e os seus fillos/as menores ou persoas dependentes.
  • atención socioeducativa ás mulleres e os seus fillos e fillas e persoas dependentes.
  • Redacción dun programa de intervención personalizado para cada muller e cada menor, se é o caso, que inclúa todos os obxectivos das súas intervencións durante a súa estancia na CAM.
  • Seguimento interdisciplinar polo equipo técnico da CAM de obxectivos e cumprimento de tarefas.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión