Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información, asesoramento psicolóxico, xurídico e social para mulleres

Facilítalles ás mulleres información xurídica, atención psicolóxica e socioeducativa que lles permita tomar decisións vitais con coñecemento previo das súas consecuencias.

Se é o caso, poderán recibir información todos aqueles homes que queiran apoiar a igualdade de oportunidades e a erradicación da violencia de xénero.

A quen vai dirixido?:

  • Mulleres
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero (atención preferente).
  • Fillos/as menores de mulleres vítimas de violencia de xénero, tamén vítimas da dita violencia.
  • Cidadanía en xeral (homes e mulleres):
    • que queiran informarse de como axudar ou actuar ante unha situación de desigualdade por factores de xénero e en especial por violencia de xénero.
    • destinataria de campañas de información e sensibilización en materia de promoción da igualdade e prevención das violencias de xénero.

Requisitos:

  • Estar incluída no grupo de persoas destinatarias/beneficiarias.
  • Con carácter xeral, residir no termo municipal da Coruña.
  • Solicitar cita previa.

Prazo de presentación:

Aberto todo o ano.

Remuneración / Custo:

  • Consultas de información xurídica, psicolóxica e social en materia de igualdade e de violencia de xénero.
  • Informacion e/ou derivación a recursos e prestacións existentes – municipais e non municipais - segundo valoración da demanda.
  • Intervención e seguimento (incluída a xestión de recursos e prestacións específicas) dos asuntos relacionados con violencia de xénero.

Máis información:

Posibilidade de efectuar unha primeira consulta de forma anónima sen apertura de expediente social.

Esta prestación serve tamén de canle de acceso á rede municipal de acollida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión